O pracer da lectura

Un dos praceres estivais é poder ler devagar aquelas obras que ó longo do ano, por motivos varios, se foron adiando. Curiosamente, hai libros que a un se lle van aparecendo con teimosía nun lado e noutro: nunha recensión, a través dun amigo, no escaparate dunha librería, ata que decide mercalos. Así me ocorreu con Genji Monogatari, novela xaponesa do século XI e autoría feminina, mais a complexidade e extensión da mesma levoume a deixala sen rematar. Non obstante, tempo despois, atopei en Cuba unha edición xuvenil dos primeiros nove capítulos que devorei con gran entusiasmo,e hai uns días presentouse ante os meus ollos a tradución ó español da máis antiga obra de ficción xaponesa, El cuento del cortador de bambú, século IX. Trala lectura de ambas, non puiden senón reflexionar sobre o descoñecemento que temos, malia a globalización, das culturas distintas á nosa. Se me permiten unha recomendación para o que queda de verán, non deixen de ler A neta do Sr. Linh, de Philippe Claudel, no idioma que vostedes queiran.

O pracer da lectura

Te puede interesar