El pisito

No caso da vivenda de protección pública vendida por un dos candidatos ás Primarias de Podemos en Madrid, sorprende que o señor Iglesias, que tanto sabe dos medios de comunicación –por estudos e por participar neles–, se enfade cando o vento non sopra a favor e poña o foco na mala intención dos mesmos ou na filtración duns datos que disque son privados. Bonito, non si? En vez de se centrar na necesaria aclaración do sucedido. Segundo el, todo está máis que explicado, mais eu sigo con dúbidas. Xa que nin quen acusa, que se lle debería esixir,  nin o acusado fixeron pública a convocatoria que permitía acceder a esas vivendas. Era ou non preciso estar empadroado nesa localidade? Había que acreditar uns ingresos mínimos? Por iso me abraia que xente do seu partido e, incluso, algúns membros de IU defendan a actuación do señor Espinar. Sen probas aclaratorias, coincido máis con Cayo Lara ou Gaspar Llamazares. Pois os políticos, como a muller de Julio César, non só deben ser honrados senón parecelo

El pisito

Te puede interesar