Outros aires

LO presidente do goberno, Pedro Sánchez, acaba de demostrar algo que xa parecía imposible: colocar nos postos de máxima responsabilidade persoas preparadas. Mulleres e homes que cando falan din algo, que non se limitan a reproducir consignas de partido ou discursos baleiros a calquera que sexa a pregunta do interlocutor. Seres que, con independencia das súas crenzas, nunca van ter a ocorrencia de encomendar os problemas do país a virxes e santos. E isto xa é de agradecer. De seren capaces de materializar algunhas das súas propostas: vincular as pensións ao IPC, aprobar a eutanasia, modificar a Lomce, restablecer a sanidade universal..., á parte de devolvela ao sector público, evidenciarían que non é igual que gobernen uns a que o fagan outros.  O que si debería ser idéntica é a ética esixible a todo gobernante, pois parece que só algúns teñen que ser inmaculados. Mentres tanto, as candidatas e candidatos a suceder a don Mariano seguen creando crispación coa súa loita particular contra os nacionalismos periféricos, os presos etarras e disque a propaganda comunista!!!???

Outros aires

Te puede interesar