• Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Os tempos son chegados

É inaudito que en pleno século XXI o presidente dun Estado europeo

inaudito que en pleno século XXI o presidente dun Estado europeo se atreva a dicir “No nos metamos en esto”, ao ser preguntado sobre a necesidade de obrigar as empresas privadas a equiparar os salarios de homes e mulleres. Oír para crer! E non só non se pide inmediatamente a súa dimisión, senón que a maiores a ministra de Igualdade ousa engadir que non é atribución súa, que iso corresponde ao Ministerio de Emprego. Ao final todo vai ser culpa da falta de dilixencia da Virxe do Rocío. Leron estes representantes políticos algunha vez o artigo 14 da Constitución onde se indica que non se pode discriminar por razón de sexo, idade, raza, relixión...? Seguro, pero interprétano como o resto desta lei, segundo conveña.
Xa os tempos son chegados de que os cidadáns reclamemos os nosos dereitos. Talvez unha boa idea sería substituír as concellerías da muller polas concellerías dos dereitos dos cidadáns. Porque como muller non quero políticas de discriminación positiva, nin que se me protexa, senón que se me trate como igual.