Medo

Eu si teño medo, ese mecanismo indispensable de defensa. Medo da falta de espírito crítico, medo  da imposición dun pensamento único en aras da unidade. Medo de quen sutilmente somete, escraviza e fai que nos enfrontemos entre  iguais -chámense inmigrantes, refuxiados, turistas- en vez de facelo contra quen exerce a tiranía económica. Estaría ben ver mobilizacións semellantes ás producidas estes días en Barcelona, en repulsa do terrorismo, para reclamar dereitos básicos para todas as persoas. Deste xeito talvez non fose necesario facelo ante a morte, que pode ser un algo reconfortante para os familiares, pero que de pouco serve. A nova escravitude sen cadeas físicas que están a sufrir moitos traballadores tamén é un xeito de terror e aceptámolo como un mal irreparable. Mentres algúns dirixen as súas iras contra a diversidade lingüística ou o dereito de autodeterminación, outros entretéñense en políticas continuístas e uniformes: mesmos debates, rotondas, peonalizacións, festas, terrazas... Non permitamos que nos priven da capacidade de pensar.

Medo

Te puede interesar