Materias afíns

egundo o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, impartir materias afíns non vai en detrimento da calidade da educación. E que un profesor de matemáticas, por poñer un exemplo, pode dar física e química e viceversa, dado que a súa formación é moi próxima. Isto, desde logo, é moi matizable. Supoño que vostedes cando van ao médico -xa sei que este parece un tema maior-, prefiren un especialista a aquel que non o é, aínda que poida darse o caso que este atine mellor e nos resolva o problema, que de todo hai. Mais de seguro que tamén prefiren un perruqueiro e non un esteticista para que lles curte o cabelo ou que o mecánico do seu coche estea especializado na marca do seu vehículo. Tan grave é que a Consellería obrigue o profesorado a cubrir o seu horario con materias afíns -cando este non se sente capacitado para impartilas- como que haxa docentes que se apunten a dar calquera disciplina co fin de ser chamados antes para facer substitucións ou obter prazas máis próximas ó seu domicilio.

Materias afíns

Te puede interesar