Marzo de 2018

A punto de cumprirse 50 anos do maio do 68, parece que de novo a sociedade se está organizando para reclamar os seus dereitos. Os xubilados, moitos deles os mesmos que participaron nas manifestacións daqueles anos, saíron á rúa para reclamar unha pensión que lles permita vivir dignamente. Unha semana despois, a Marcha Mundial das Mulleres inundaba o país de persoas que reclamaban a igualdade real entre ambos sexos. Se nolo contasen hai anos, nunca creriamos que isto fose ser necesario en pleno século XXI nun país que se di europeo e democrático. Os españois esta vez si fomos un exemplo a seguir, tal como reflectiu a prensa internacional. Semellaba que xa nada podía ser igual nese tema. Non obstante, as noticias dos xornais do domingo anunciando a consolidación de Ciudadanos como primeira forza política ensombrecía a alegría dos días pasados. Lembremos que este partido non apoiou a folga de mulleres e que ten unha escasa representación feminina nas súas filas. Oxalá sexan as enquisas as que se equivoquen e non nós.
 

Marzo de 2018

Te puede interesar