Madrid central

Resulta paradóxico que sexan gobernos que se din de esquerdas os que se empecinen en expulsar das cidades as persoas con menor poder adqusitivo. Deberían saber que restrinxir o uso do vehículo particular, agás a residentes ou propietarios de utilitarios híbridos, beneficia só a quen vive na zona centro e a quen pode cambiar de coche sen dificultade. Certo é que é preciso poñer freo á contaminación, mais a medida non parece atinada nin ecuánime. 

Outro tanto acontece cando o detonante da expulsión dos cidadáns vén dada pola absurda moda de impoñer ese suposto máxico paquete de “peonalización, carril bici, beirarrúa larga e calzada estreita”, en aras de “humanizar” espazos, sen antes ter analizado se se dan as condicións necesarias para realizar tal proxecto. Non sei se se pode falar de “humanizar” cando se dificulta a chegada dos humanos a determinados lugares, ben por falta de transporte colectivo e con horarios e prezos axeitados, ben pola ausencia de aparcamentos libres ou a prezos accesibles. Iso sería o primeiro que habería que prever.

Madrid central

Te puede interesar