Lingua normalizada

O presidente Núñez Feijóo volveu afirmar o pasado venres que o problema do galego é que non se usa, non que non se saiba. Coñecido polo goberno, por fin, o mal –e non sen tempo–, imaxino que mudarán inmediatamente as políticas en materia idiomática, tal como prevé, no derradeiro parágrafo, a Lei de normalización lingüística aprobada hai case 35 anos. Non obstante, erra o señor presidente cando di que nunca tantos cidadáns tiveron coñecemento da lingua propia. Tamén os que cren que o galego é unha lingua normalizada, é dicir, que funciona con normalidade en todos os ámbitos. Concibirían vostedes que non existise prensa diaria en español na nosa comunidade? Pois en galego non a hai. Que lles preguntasen por que falan en español e se o fan durante todo o día? Que pensasen que se o falan é porque son votantes dun determinado partido político? Ou que un notario lles cobrase máis por redactar un documento en español? Pois iso e cousas semellantes séguennos a pasar aos que falamos galego. Anormalidade total, non lles parece? 
 

Lingua normalizada

Te puede interesar