Lingua materna

Recentemente escoiteille ao meu sobriño de seis anos que xa sabía contar ata cen.  Ao preguntarlle por que o facía en castelán, respondeu: “Porque a profe fala en español, pero eu fálolle na que sei e ela ben me entende”.  El aprende a contar en castelán, tal como indica a lei, e tamén a ler, que non sei se é o máis acertado nun centro onde o alumnado ten como lingua propia o galego. Se fose ao revés falariamos de imposición. En calquera caso, o rapaz dentro de pouco será bilingüe, como o é súa irmá, xa adolescente, pero ambos teñen moi claro cal é a lingua de seu. Non así boa parte da poboación adulta de Galicia xa que, segundo  indica a prensa, nunha enquisa do Instituto Nacional de Estatística o 82,8 sinala que o galego é a súa lingua materna e, asemade, o 91,4 afirma o mesmo respecto do castelán. Deses datos alguén extrae que somos a comunidade onde hai máis bilingüismo. Certo é se entendemos por tal a capacidade para falar dúas linguas, aínda que non o fagamos. Non obstante, o galego segue a perder falantes. Para reflexionar, non?

Lingua materna

Te puede interesar