• Miércoles, 19 de Septiembre de 2018

Teño escrito nalgunha ocasión que moitas veces son os libros os que me escollen a min para ser lidos e non ao revés.

Teño escrito nalgunha ocasión que moitas veces son os libros os que me escollen a min para ser lidos e non ao revés. De súpeto, algún título preséntaseme de xeito reiterado de distintas maneiras: reseñas, entrevistas co autor, feiras do libro, recomendacións dun amigo ou amiga e, mesmo, de non lelo neses momentos, ao pouco ou anos máis tarde reaparece insistentemente e faime sucumbir. O resultado case sempre é unha grata lectura. Así me pasou con “Herejes” do cubano Leonardo Padura, de quen lin despois “El hombre que amaba a los perros”, novela baseada na historia do asasino de Trosky, Ramón Mercader. Agora “La trasparencia del tiempo” chama desde comezos de ano á miña porta. Sen ter  críticas excelentes, disque o uso das mesmas fórmulas de “Herejes” a fai cansina, intúo que acabarei saboreándoa. Mentres me decido, leo “Nostalgia” do romanés Mircea Cărtărescu e paso as primeiras follas de “La uruguaya”, obra do escritor arxentino Pedro Mairal que está a ter grande éxito. As xa lidas, recoméndollelas, das outras xa lles contarei.