Insua dos poetas

A Insua dos Poetas é un marabilloso parque creado na parroquia de Madarnás, no Carballiño, a carón do río Pedriña, onde cada ano, desde o 2009, a Fundación homónima homenaxea un poeta, nomeadamente ourensáns. Dito espazo vaise redeseñando, aos poucos, coa incorporación de esculturas ou murais dedicados ao escritor laureado aos que acompañan fragmentos da obra. Este ano tocoulle a Antón Tovar. A Fundación, dirixida polo poeta Luís González Tosar, outorga tamén no mesmo acto, celebrado no mes de xullo, premios a distintas categorías de creadores e asociacións ou empresas que promoven a cultura galega. Merece a pena dar un paseo por este espazo, onde natureza e arte se entrelazan, e deleitarse con cada unha das obras. De Celso Emilio recóllense os últimos versos do poema “Irmaus” que cumpriría que algúns políticos tivesen máis presentes: “si os nosos soños son igoales,/coma un irmau che falo./Común temos a patria,/común a loita,/ambos”. Sen esquecermos que a patria referida polo celanovés non responde a un espazo territorial.

Insua dos poetas

Te puede interesar