Festas

Durante as festas de Nadal, non sei se máis pola miña condición de atea ou de anticapitalista, enfádome bastante ao sufrir os danos colaterais das compras enlouquecidas, das panxoliñas 24 horas e, sobre todo, polo contributo ao alumeado natalicio. Moitos de vostedes seguramente estarían dispostos a subvencionar tamén a Festa do Cordeiro –que “obriga” a endebedarse a moitas familias musulmás, como é sabido–, ou a ver modificados os horarios a causa do Ramadán. Mais son da opinión de que cada un debe pagar as súas festas e, na medida do posible,  non molestar ao veciño. Polo tanto, o meu propósito de cara á Semana Santa vai ser seguir indignándome, e solicitar ao goberno municipal a posibilidade de saír da cidade, durante as procesións, ou ben pola rúa da Igrexa ou pola rúa Irmandiños. Porque xa que pago parte da festa creo que teño dereito a que compatibilicen os meus dereitos de liberdade de movementos co dereito de comerciantes e devotos a gozar das procesións. 

 

Festas

Te puede interesar