Empatía

Sempre me sorprendeu a incapacidade de moita xente para se poñer no lugar dos demais. Destreza que eu talvez teña en exceso desenvolvida froito da educación que miña nai me inculcou (“mañá iso pode pasarche a ti”, “e se te vises nesa situación?”, “non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixesen”...). Pregúntome, por iso, aínda que non empaticen, que pasará pola mente dalgunhas persoas. Que pensará o señor Trillo dos familiares das vítimas do Yak 42 ou Rodrigo Rato das familias enganadas polos bancos? Que pensarán os membros do goberno das persoas ás que lles solicitan un esforzo máis cando non teñen en moitos casos nin para comer? Que pensará Pablo Iglesias dos votantes ilusionados que o ven falando cun tronco ou Alberto Garzón das persoas que o apoiaron para ver como logo cedía o testemuño ó home que conversa cos troncos? Que pensarán os alcaldes das mareas dos votantes que os escolleron co convencemento de que se ían producir cambios significativos nas cidades que gobernan? Entenderán polo menos que a decepción e a impotencia os/nós invada?
 

Empatía

Te puede interesar