Emigrantes/inmigrantes

a feira do libro da Coruña tiven a oportunidade de asistir á presentación do libro Sementeira Porträts, de Manuel Álvarez e Manuel Rivas, libro editado o 10 de marzo de 2019, pola sociedade de galegos en Suíza Sementeira. 
O volume está composto por 42 retratos de emigrantes, membros da dita sociedade, a cada un dos cales acompaña un haiku. 
A calidade tanto da fotografía como dos poemas é impresionante, sen esquecer o compromiso social de ambos os artistas. De escollermos versos soltos dos haikus de Rivas, un dos mellores poetas do noso sistema literario, podemos obter creacións que resumen perfectamente a esencia da emigración. 
Velaquí, unha proposta: Emigrar? Ir dar // O país do adeus, o país dos abrazos. // A emigración cambia as distancias. // Un afastamento que achega, //un estrañar que une. //Na carballeira/deixei liscar o medo./Apañei vento. // Os nosos eidos/son de pan sen fronteiras. 
Oxalá que os inmigrantes que chegan ás costas europeas, ou a outros territorios, puidesen facer seus estes versos. 

Emigrantes/inmigrantes

Te puede interesar