DIOIVO

As linguas, á parte de ser instrumentos de comunicación humana, reflicten a realidade na que se desenvolven. A ciencia encargada de estudar a relación das linguas cos seus respectivos contornos sociais e naturais, ademais da riqueza cultural que cada unha contén, é a ecolingüística. Exemplo desa interrelación contorna-lingua son os vinte termos que teñen os inuits –antes denominados esquimós– para definir a cor branca que os rodea ou os cen substantivos que posuímos en galego para designar a choiva nos seus distintos matices, en función da intensidade, do vento, da néboa ou do aparello eléctrico que a acompaña. Así como os trinta e cinco verbos que indican a acción de chover, e os variados adxectivos, ditos e refráns que tamén existen. Chuvia, choiva, orballo, zarzallo, morriña, mera, poalleira, froallo, bategada, coriscada, trebón, zarracina, pedrazo, sarabiada... son algúns deles. Para coñecelos todos pódese consultar a páxina web: ogalego.eu. Visto o acontecido estes dous últimos meses, mesmo poden semellar escasos.

DIOIVO

Te puede interesar