Día Internacional da Nena

O día de hoxe está dedicado ás nenas de todo o mundo que, segundo estudos variados, empregan 160 millóns de horas máis ó día que os nenos nas tarefas do fogar. O dato parece inverosímil, aberrante. En moitos países nacer muller supón ser propiedade de alguén que che adxudica o rol de obedecer, ocuparte da casa e estar sempre a disposición dos seus desexos sexuais. Por estes lares non estamos nesa situación, salvo casos puntuais, mais a igualdade entre os dous xéneros segue a ser relativa en moitos ámbitos, especialmente no moral, no cal a distancia se agranda coa chegada da puberdade. Que me din dun vídeo gravado e supostamente difundido por dous futbolistas do Eibar no que se ve como eles e unha muller manteñen unha relación sexual consentida? Tan grave como difundilo sen permiso das persoas que aparecen é a valoración que se fai das imaxes en función do xénero dos participantes. Eles uns fenómenos, mesmo para si mesmos, do contrario non o difundirían, ela unha puta ou unha guarra, que non sei que é peor. Vaia igualdade!
 

Día Internacional da Nena

Te puede interesar