Dhogs

Asistín ao visionado da película Dhogs polo mero feito de estar en galego, algo case anecdótico nos cinemas da nosa Comunidade. Non coñecía nin tan sequera o argumento, e a sorpresa foi tal que inmediatamente me interesei pola peza e polo director. Descubrín así que se trata da primeira longametraxe de Andrés Goteira, recoñecida xa con 13 premios Mestre Mateo e con excelentes críticas e galardóns en varios festivais: Bafici (Bos Aires), Sitges, Split (Croacia), Nocturna de Madrid... A película, unha clara crítica á pasividade da sociedade ante os actos perversos, ten unha feitura inusual, rupturista. É unha especie de crebacabezas que hai que montar coas claves que se dan no inicio e no final respecto dos xogos. Pode gustar ou incomodar, pero fai reflexionar, non deixa indiferente a ninguén. Souben despois que fora precisamente iso o que perseguira o director ao pór o espectador como protagonista tanto dentro coma fóra do filme. Así mesmo, segundo as súas declaracións, demostrar que se pode rodar en galego e chegar a todas as partes do mundo, como está a suceder.

Dhogs

Te puede interesar