Desazón

oxe, día no que se conmemora o centenario da Revolución Rusa, deberiamos ser conscientes do pouco que duraron as conquistas sociais que trouxo consigo: xornada laboral de oito horas, dereito de autodeterminación dos pobos, educación e sanidade públicas, divorcio, igualdade entre sexos, separación  de Igrexa e Estado... Certo que moitas delas nunca chegaron a verse por estes lares e, como a historia é cíclica e o pobo algo cego, parece que aínda van ser necesarios moitos máis recortes de dereitos e liberdades para facernos reaccionar. De momento aplaudimos posibles faltas de garantías xudiciais e o encarceramento de políticos que pretenden darlle voz ao pobo, sen decatarnos que calquera pode verse nunha situación similar por defender lexislacións que considere inxustas, caso de desaloxos, preferentes...  Semella, tamén, que non somos moi conscientes da manipulación informativa. Boa parte dos medios de comunicación hai tempo que deixaron de dar noticias, isto é, de facernos chegar información obxectiva e non valorativa.
 

Desazón

Te puede interesar