Dereitos lingüísticos

Trala algarabía producida no noso país pola supresión do español da páxina da Casa Branca, pensei no paradoxo de que boa parte dos que se alporizan son os mesmos que rexeitan a presenza das outras linguas oficiais dentro do Estado español en institucións ou webs estatais. Eu non preciso que a páxina da Moncloa estea en galego. Considero que é unha perda de tempo e diñeiro, posto que todos os cidadáns españois coñecemos e estamos obrigados a coñecer a lingua oficial do Estado, non obstante si quero e esixo que a Administración galega respecte os dereitos lingüísticos dos membros da nosa Comunidade, en calquera ámbito: educación, xustiza, sanidade... De aí que me indigne, por poñer un exemplo entre moitos, que as probas que o Sergas realiza para determinar o grao de deterioro da memoria dunha persoa maior, monolingüe en galego, se fagan en castelán. O mesmo que se for á inversa. Podendo mesmo provocar un diagnóstico errado. Cuestión de sentido común e de respecto dos dereitos das persoas, non de nacionalismos, patriotismos...

Dereitos lingüísticos

Te puede interesar