Miércoles 21.11.2018

Democracia autoritaria

O meu primeiro recordo nítido é o nacemento de meu irmán

O meu primeiro recordo nítido é o nacemento de meu irmán, cando eu tiña catro anos. O segundo -xa con cinco- igual de agradable, aínda sen ser consciente da súa transcendencia, foi a morte do ditador Franco, pois provocou a suspensión das aulas por uns días. É dicir,  que vivín nun sistema democrático case toda a vida e esperaba que sempre fose así. Mais xa hai un tempo que se percibe unha mingua de dereitos e liberdades, que unida  á falta de separación de poderes, pon en evidencia unha escora cara a un sistema autoritario, que aínda se está a facer máis visible co conflito catalán. Escóitase que os pasos dados polos independentistas están poñendo en perigo a democracia. Eu, que non son independentista, nin sequera nacionalista, penso que tan só cuestionan a unidade territorial do Estado español. Quen está deturpando o sistema democrático é o PP coas súas medidas centralizadoras, opresoras e represoras  sentíndose apoiado por Ciudadanos e o PSOE. Sen falar dos latrocinios variados e financiamentos ilegais.

Democracia autoritaria
Comentarios