Deberes

O inicio do curso escolar reabre o debate das tarefas escolares na casa. Certo é que unha xornada de 6 horas tería que ser máis que suficiente para que o alumnado de primaria e secundaria adquirise a formación esixida. Non obstante, a eliminación dos deberes tería que ir acompañada de certas medidas que permitan non só manter, senón mellorar os resultados académicos que se están obtendo nestes momentos no ensino galego: que os estudantes durman horas suficientes; que almorcen antes de comezar a xornada; que os profesores dediquen o seu tempo a ensinar e non a cubrir papeis innecesarios e que os pais asuman que non son eles os que teñen que realizar as tarefas dos fillos. Pero non ter deberes non significa que os estudantes non deban realizar traballos complementarios que esixen saír do entorno escolar e interactuar co mundo real que é, ao fin e ao cabo, para o que teñen que prepararse. Ler, facer deporte, investigar sobre distintos temas, ir ao cinema, relacionarse... é fundamental para o seu desenvolvemento como persoas. Deberes, os mínimos.

Deberes

Te puede interesar