Comercio local

Dise que todos temos un prezo. A partir desta premisa os analistas de datos –unha das profesión con máis futuro– montan nas empresas de venda on-line unha auténtica enxeñería económica para ofrecer a cada cliente aquilo que en certa medida pode adquirir. Dependendo do barrio no que un viva recibirá un tipo de ofertas. Acabo de descubrir por que nos piden moitas veces o código postal cando mercamos nun comercio físico. As ofertas varían en función da zona á que se dirixen, da demanda na hora na que se compra e, por suposto, do noso historial de navegación. Querer reactivar o comercio tradicional, fronte a este, cobrando por probar a roupa é tan absurdo como facer peonalizacións e eliminar aparcamentos sen elaborar un plan integral de mobilidade. Ambas medidas poderían ser a puntilla final ao comercio local. Afortunadamente, cada vez somos máis os que preferimos adquirir produtos de proximidade en tendas de barrio. Elemento imprescindible para a humanización das cidades da que tanto falan os nosos gobernantes.
 

Comercio local

Te puede interesar