Coalición

Denomínase así á agrupación de persoas, organizacións ou estados que se unen para conseguir un determinado fin. O que en ningún caso esixe pensamento único en todos e en cada un dos temas habidos e por haber, tal como se lle quere impor á coalición que goberna España nestes momentos. De aí que resulte anómalo que salten as alarmas cada vez que existe diversidade de opinión entre os dous partidos que conforman o goberno, PSOE e Unidas Podemos. O importante é que sexan quen de chegar a acordos. Niso consiste a democracia.

Após as eleccións do 5 de abril tamén é posible que unha coalición poida gobernar Galicia. Non teño grandes esperanzas postas nela, no caso de que así for, xa que a algúns dos integrantes lles estimo pouca capacidade negociadora e a outros pouca credibilidade. Dicía Camões: Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades. Véxase que Unidas Podemos xa fala de flexibilizar a limitación de mandatos e de salarios. Non obstante, sempre será mellor esa opción que seguir co desmantelamento dos servizos públicos e as políticas de recortes do PP. Por certo, Feijoo leva xa  once anos no poder.

Coalición

Te puede interesar