Civismo 0.0

O verán pasado, un benquerido amigo de Mandiá díxome que ía facer unha vella moi repugnante; pero eu sigo a pensar que a culpa dos meus cabreos é dos demais. Xa saben: un é o último en recoñecer os seus defectos. Como teño comentado nalgunha ocasión, son extremadamente sensible aos olores e aos ruídos, de aí que me alporice ter alguén ao lado nun bar, no bus, na consulta médica... martirizándome cos avisos sonoros do seu whatsapp ou que nun restaurante me obriguen a escoitar a musiquiña torturadora dun xogo infantil, dun vídeo de Peppa Pig... Outro tanto me sucede nas múltiples terrazas do país cando hai que aturar músicas enxordecedoras e, asemade, a conversa a berros dos veciños e, mesmo, as chamadas de teléfono co mans libres. A maiores, nos últimos tempos xa non sei se me perturba máis que me sirvan unha consumición sen limpar a mesa ou que a rocíen cun spray cheirento que me fai morrer. Porén, sempre son eu a que marcha antes de facer ningún reproche, como moito unha mirada de desaprobación que non adoita ser entendida. 

Civismo 0.0

Te puede interesar