CARVALHO E MANUEL MARÍA

Ovenres estreouse no Torrente o vídeo Vieiros de esperanza, magnífico traballo de fin de carreira de Antón Rodríguez. O documental percorre a biografía de Carvalho Calero a través dos testemuños dos que o trataron ou estudaron. Chamoume a atención o do presidente da Editorial Galaxia. Esa mesma na que Carvalho publicou pezas fundamentais da cultura galega, como a Gramática ou a Historia da Literatura. Freixanes indica que non se lle dedican as Letras ao ferrolán, porque a sociedade aínda non ten a madurez suficiente para enfrontarse ao debate do reintegracionismo. Con todos os meus respectos, discrepo. O que se albisca é que esa falta de madurez está máis no ámbito institucional e comercial. Trala proxección, pensei que talvez non sexa tan malo librar a Carvalho da santificación do Día das Letras. Este ano lean e gocen coa obra de Manuel María, o autor homenaxeado. Porque pedir o día para Carvalho non significa silenciar o poeta chairego, nin ningún dos anteriores, como algúns queren facer crer..

CARVALHO E MANUEL MARÍA

Te puede interesar