viernes 19.07.2019

Carvalhianos y neocabalianos

semella que o señor Freixanes, presidente da Academia Galega, e algúns outros académicos, acaban de descubrir -calquera podería pensar que despois dun periplo por terras lusófonas- que o reitegracionismo de Carvalho Calero non é unha pexa para dedicarlle o Día das Letras, e talvez si un pequeno illó de beneficios directos e indirectos para o ámbito institucional e comercial. A decisión de homenaxealo entra en contradición con aquelas súas palabras de hai dous anos cando dicía que a sociedade galega aínda non tiña a madurez suficiente para se enfrontar ao debate do reintegracionismo. Se cadra ese é o motivo de que a Academia aínda grafe Carballo e non Carvalho, sen respectar a última vontade do mestre.
Pero, tempo ao tempo, xa verán como os que sempre estiveron en contra de outorgarlle tal día han ser os adalides na investigación e na celebración da súa obra. Por iso cómpre, antes de máis nada, un recoñecemento público a todas aquelas e aqueles que levan anos traballando para que se distinga o labor do escritor ferrolán. O meu, desde logo, hai tempo que o teñen.

Carvalhianos y neocabalianos
Comentarios