Braga

Desde hai 15 días estou na cidade portuguesa de Braga, a capital da Gallaecia romana. Actualmente é a terceira cidade máis poboada do país, despois de Lisboa e Porto e conta, ademais, cun elevado índice de poboación xove. Estou a realizar un curso de portugués na Universidade do Minho e comparto aulas cun elevado número de chineses. De entrada, supúxenos macaenses, xa que Macau foi colonia portuguesa ata 1999. Pero non, proceden da prestixiosa Universidade de Chongqing situada, na cidade do mesmo nome, ao sudeste do país. Son estudantes de Filoloxía Portuguesa que realizan aquí o seu terceiro ano de carreira.  Chongqing ten un acordo con Macau para comerciar cos países de fala portuguesa, de aí, en parte, o interese por esta lingua. E nós en Galicia, malia a proximidade do idioma, de costas aos lusos! En que quedou a Lei Paz Andrade, encargada de fomentar o ensino de portugués e de establecer relacións coa lusofonía? De momento en papel mollado. Cero prazas de portugués na próxima convocatoria de oposicións de profesorado.
 

Braga

Te puede interesar