Auga e plástico

Cada día é máis difícil atopar auga embotellada en pequenos formatos a prezos razoables. Isto responde, ao parecer, a unha campaña de concienciación para reducir o consumo de plástico. Parece lóxico, se temos en conta o gasto de auga que supoñen tanto os procesos de fabricación e de reciclaxe dos envases, como os problemas ocasionados cando esta última non se realiza. Este produto tarda uns 500 anos en degradarse, contaminando especialmente a auga do mar no que acaban moitos dos recipientes e, consecuentemente, o peixe que consumimos. Á parte dos efectos nocivos do plástico sobre a saúde, se non no primeiro uso, que tamén puidese ser, si cando as botellas se reutilizan ou se expoñen a temperaturas elevadas. Mais esta campaña é absolutamente contraditoria coas prácticas seguidas por fabricantes e establecementos que, ao tempo que se adhiren a ela, nos obrigan a mercar a froita e outros produtos embalados en plástico -impedindo deste xeito a compra por pezas. Será certo que hai vontade real de eliminar o abuso deste material? 
 

Auga e plástico

Te puede interesar