Afouteza

Non hai moitos días a ex-coordinadora de Esquerda Unida, agora portavoz de En Marea en Madrid, declaraba non estar en idade de facerse independentista. Creo que ninguén lle pediu tal cousa, pero si habería que lembrarlle que estaba á fronte dunha organización que daquela dicía defender o dereito de autodeterminación. Así como a limitación de mandatos e a non acumulación de cargos. Non obstante, a realidade é outra. E esta forma de actuar dóeme, porque eu sigo crendo na necesidade dunha política distinta. De aí que tamén me doia ver como o goberno local de Ferrol segue sen ser quen de realizar algo do que propuña. Sabido é que resulta moi difícil loitar contra as privatizacións que outros partidos deixaron atadas e ben atadas -máxime estando en clara minoría- porén, hai que reprocharlle que non busque asesoramento en quen talvez saiba algo máis deste ou doutros temas. Os gobernos inmediatamente anteriores, do PP e do PSOE, non fixeron mellores políticas para a cidade. Pero como neste caso a esperanza era maior, tamén o é a desilusión.

Afouteza

Te puede interesar