Adoutrinamentos

E vergoñento ver como os partidos que se denominan de esquerdas están a apoiar a actuación do goberno -por acción ou omisión- no asunto do referendo catalán. Vaia oportunidade que tiñan de consensuar a máis que necesaria reforma da Constitución e por fin resolver, á parte doutros, o problema territorial. Despois do control das contas e das forzas da orde, por parte do poder central, xa tardaba o da educación. O ministro do ramo denuncia e xa investiga un posible adoutrinamento do alumnado, porque como no caso do nacionalismo, haino bo e malo. Obrigar os estudantes de bacharelato a estudar relixión católica para poder cursar as optativas que desexan ou precisan en estudos superiores é considerado boa cousa; mentres que levalos, con autorización dos pais, a manifestarse a favor do dereito a decidir libremente, moi, moi malo. Visto o visto, os docentes recibirán en breve un argumentario para explicar o que é a democracia, a división de poderes, ou Estado de dereito; termos claramente deturpados pola realidade que impón o goberno español.

Adoutrinamentos

Te puede interesar