Martes 20.11.2018

A desaparición de ETA

Tralo comunicado da disolución definitiva de ETA a semana

Tralo comunicado da disolución definitiva de ETA a semana pasada o esperable era unha demostración de alegría xeneralizada. Mais, sorprendentemente, o goberno e os medios de comunicación esquecen iso, o realmente positivo, para facer fincapé en que a organización terrorista non pedía perdón a todas as vítimas. Lin o comunicado final e di textualmente: “ETA reconoce el sufrimiento provocado como consecuencia de su lucha”. Que hai que entender aí? En calquera caso, a organización morreu e ábrese unha nova situación onde xa non hai xustificación para manter determinadas medidas, como a do afastamento dos presos. Mantelas soa a vinganza -esa sempre mala conselleira-. Segundo Mariano Rajoy, en discurso lido -polo tanto non froito dun lapsus-: “La historia de ETA no es más que el relato de quienes pretendieron un régimen de terror porque era la única forma de conseguir unos objetivos políticos que no se podían lograr de forma democrática”. Tremendo! Quizais debera dicir que non se deixaron nin deixan plantexar de forma democrática neste país.

A desaparición de ETA
Comentarios