28 de abril

acapacidade dos humoristas gráficos para analizar e satirizar a realidade día a día é sorprendente. Antonte mesmo podíamos ler na viñeta de El Roto, con debuxo de El Valle de los Caídos: “Cuando procedieron a desenterrar al dictador, descubrieron alarmados que había resucitado”. Non sería de estrañar, pois leva un tempo gaduñando nas táboas e sacando peito. Sorpréndeme que non cause máis pavor o enfrontamento entre a “derechita” covarde e a dereita envalentonada expresando sen rubor o seu ideario cavernario e involucionista e, ainda máis, unha posible vitoria da dereita tripartita nas próximas eleccións xerais. Aínda non teño decido o meu voto, pero nunca sentín tanta responsabilidade á hora de facelo. O fedor do cadáver do ditador e as propostas absurdas, ademais das loitas internas para colocarse, de podemitas e esquerdaunidistas reconvertidos en podemitas fan que me debata entre o voto a Pedro Sánchez e a papeleta nacionalista. Eu que nin son nacionalista nin do PSOE!
 

28 de abril

Te puede interesar