Os outros

Un dos galaicos que marchou ao estranxeiro en busca de fortuna foi abordado por un nacionalista de esquerdas nas primeiras ou segundas eleccións democráticas. Deulle un mitin na porta sobre a situación galega e o bo que era votar por eles. O emigrante respondeulle que el ía apoiar á dereita, á Alianza Popular da época, porque cando el marchara a Suíza a súa aldea era un poboado celta e agora, grazas ao franquismo, había estradas e alumado público. Pensaba o repartidor de propaganda que estaba falando cun proletario explotado polo sistema, que o obrigou a buscar futuro no exterior, cando en realidade tiña por interlocutor a un home que escoitaba “El emigrante” de Juanito Valderrama, seguía ao Real Madrid e que tiña un irmán que foi sereno na capital do Reino e outro que exercía de taxista en Barcelona. O nacionalismo de esquerdas tamén perdeu votos entre a mocidade, cando hai anos desenvolvían un intenso traballo de proselitismo nas facultades.

Os outros

Te puede interesar