Outro día máis

ada ano, coincidindo con 25 de xullo hai centos de festas populares no territorio galego celebrando o Santiago Apóstol. As orquestras non dan feito. O día de Galicia, o da Patria e tantas denominacións non son máis que cuestión de nomenclatura, como o 17 de maio. Como dicían os profesores de antes o movimento é andar. O importante é a continuidade e non cando todo queda nun simple reconto de asistentes a verbenas, festas culinarias ou manifestacións en Compostela. Agora sumáronse os internacionalistas do conglomerado de mareantes. Algo así como empregar aceite para facer un cocido. Nin con deterxente se conseguen esluír. Claro que unha formación carente de historia é máis produto da circunstancia e do oportunismo, como outras de carácter estatal. Mellor deixarnos sós, que para facer ofrendas florais sobran día e noites. Os da Marea tal como subiron acabarán baixando, só queda agardar que o nacionalismo e galeguismo non sexan arrastrados pola resaca.

Outro día máis

Te puede interesar