Máis subas nas portaxes

Non está agora a comunidade de galaicos para grandes gastos, e nunca o estivo, como para facer fronte agora a unha suba das portaxes na autoestrada. Pero segue sendo o imposto que hai que pagar por vivir aquí cun mínimo de mobilidade, como se di agora. Tampouco temos un tren como é debido. O seu emprego desde Ferrol até o outro mundo e case que imposible, so queda ir á coruña en coche e de aí coller o convoi ate Santiago, que sae con relativa frecuencia, máis alá xa non é aconsellable programar nada. As autovías chegaron tarde, as que se adiantaron, hainas que pagar ben, como ade Carballo ou a de Ourense. Menos mal que esa do Cantábrico é de balde. E agora sobe a portaxe da autoestrada para beneficio holandés. Como é unha empresa privada hai que calar, pero xa a temos máis que desquitada e nin por iso hai tramos gratis de verdade, os que o parecen pagámolos de forma indirecta. A quedar na casa e teletraballo, porque esa teima de desplazarse hai que deixala pasar.

Máis subas nas portaxes

Te puede interesar