Farto das feiras medievais

Unha teima miña son as feiras medievais que medran polo territorio galego como fungos. Non teño nada en contra delas sempre que sexan medievais e non unha sorte de congreso de hipis chegados de España que aproveitan eses días para ir menos vestidos e adecentados do habitual. Calquera que superase o ensino infantil saberá que neste territorio galaico sobra historia medieval propia para recrear por séculos e toneladas, aínda máis se temos en conta que nalgúns lugares se vive en datas do mariscal.  Por iso, non entendo que veñan de fóra a traernos o medievo das películas de Ivanhoe e de castelos ingleses, que non son máis que catro, pero mellor vendidos que os nosos de Naraío, Moeche ou Andrade, por citar algúns con máis pedras en pé. Calquera que pasee por una feira destas verá que a gastronomía, a artesanía, os costumes... son máis propios dos ambulantes cacereños que dos rudos galegos medievais, nin un triste xograr galego canta senón que chora con tales recreacións.

Farto das feiras medievais

Te puede interesar