Eloxio da incorreción

Hoxe recórdase o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller que para a maioría dos alumnos do ESO non é máis que o nome dunha praza ou parque público con asentos e xogos en calquera cidade ou vila. Isto non é un chiste fácil senón a verdadeira realidade dun sistema educativo que premia máis a indolencia que o esforzo. Aínda temos que agradecer ás corporacións que se esforcen en nomear espazos públicos con galegos insignes e non que tiren doutros elementos de dubidosa historia. O feito de que Galicia estea perdida nun recunho da península, máis que un obstáculo debería de ser unha forma de defender o noso, aínda que sexa cun simple nome dunha rúa e vaia que non hai lugares onde asentar unha placa nos restos do boom inmobiliario. Pero o que máis importa é manter a correción política e lingüística para que non se soliviante unha parte da población contra a outra. Rosalía si foi unha incorrecta, unha muller que rompeu coas correccións da época e iso convén recordalo.

Eloxio da incorreción

Te puede interesar