Cuestión de gustos

Moitos galegos marcharon para a Guinea Ecuatorial a desbrozar, talar e queimar a selva do país africano e cargar barcos con toneladas de madeira exótica, que desembarcaban no cais de Curuxeiras, destinada a botar os pisos das casas galaicas. Algúns daqueles empresarios do bosque tropical traían consigo uns dentes de elefante, unhas máscaras da etnia Fang ou unha negra de servente. Pero isto pasaba hai moitos anos, antes de que Fraga lles dese a independencia. Nós non somos así, coñezo a moitos empresarios que viven na normalidade, algúns até só teñen un coche, outros non posúen piscina e a maioría non se viste con zapatos castellanos, pantalóns vaqueiros azuis, camisa branca e pelo engominado para atrás e nin sequera van a Madrid a facer ostentación. Crean empresas aquí, invisten en investigación, dan bos soldos aos empregados, porque gastarán a nómina na terra, é dicir, crean riqueza na súa terra, pero lamentablemente son os menos. 

Cuestión de gustos

Te puede interesar