De incoherencias e impactos

estamos tan afeitos a pensar que tan só o que nós pensamos e facemos é o correcto, que non vemos a viga no ollo propio. Ás veces deberamos de saír da nosa zona de confort e mirar a realidade cuns ollos máis ecuánimes. Falamos de Xustiza. Nestes dias a noticia era o recoñecemento da idoneidade da ex Ministra Dolores Delegado, coma Fiscal Xeral do Estado. Ao respecto disto, os titulares dalgúns medios, con grande pompa e circunstancia, sinalaban que os xuíces conservadores votaban en contra porque dubidaban da imparcialidade de Delgado. Haberá maior incoherencia? 
Queren facernos comulgar con rodas de muiño? Os xuíces conservadores teñen ideoloxía, e por esa ideoloxía que profesan, foron propostos e elixidos para o cargo. E non cuestionan a súa propia imparcialidade para tomar acordos, en base a esa ideoloxía dende a que observan e analizan a realidade. Pero ven a palla no ollo alleo. Simplemente porque esta persoa non é dos deles, non é de perfil conservador. E xa se sabe, só os dunha parte están lexitimados para todo, e sempre as súas actuacións serán incuestionables. Como se o resto da sociedade tivera que estar pagando sempre algún tipo de tributo. 
Entón empezan as manobras orquestrais na escuridade, o pranto dramático e aquelo de racharse as vestiduras. Volvemos ao de aquí todxs somos iguais pero uns máis iguais ca outrxs, do clásico Orwell. Se parcelamos a razón, acabaremos asistindo ao nacemento de vetos como o pin parental ou ás prohibicións de dereitos e liberdades. Pechar os ollos ante a realidade, nunca evitará a dureza dos seus impactos.
Incluso cando non sexa preciso, serás razón e causa poderosa –díxolle El con tenrura– e sempre vestixio e pegada do habitado. Acaso presente eterno das emocións que importan e dos versos que fixeron ceos novos... Incluso cando non sexa preciso amor, serás imprescindible...stamos tan afeitos a pensar que tan só o que nós pensamos e facemos é o correcto, que non vemos a viga no ollo propio. Ás veces deberamos de saír da nosa zona de confort e mirar a realidade cuns ollos máis ecuánimes. Falamos de Xustiza. Nestes dias a noticia era o recoñecemento da idoneidade da ex Ministra Dolores Delegado, coma Fiscal Xeral do Estado. Ao respecto disto, os titulares dalgúns medios, con grande pompa e circunstancia, sinalaban que os xuíces conservadores votaban en contra porque dubidaban da imparcialidade de Delgado. Haberá maior incoherencia? 
Queren facernos comulgar con rodas de muiño? Os xuíces conservadores teñen ideoloxía, e por esa ideoloxía que profesan, foron propostos e elixidos para o cargo. E non cuestionan a súa propia imparcialidade para tomar acordos, en base a esa ideoloxía dende a que observan e analizan a realidade. Pero ven a palla no ollo alleo. Simplemente porque esta persoa non é dos deles, non é de perfil conservador. E xa se sabe, só os dunha parte están lexitimados para todo, e sempre as súas actuacións serán incuestionables. Como se o resto da sociedade tivera que estar pagando sempre algún tipo de tributo. 
Entón empezan as manobras orquestrais na escuridade, o pranto dramático e aquelo de racharse as vestiduras. Volvemos ao de aquí todxs somos iguais pero uns máis iguais ca outrxs, do clásico Orwell. Se parcelamos a razón, acabaremos asistindo ao nacemento de vetos como o pin parental ou ás prohibicións de dereitos e liberdades. Pechar os ollos ante a realidade, nunca evitará a dureza dos seus impactos.
Incluso cando non sexa preciso, serás razón e causa poderosa –díxolle El con tenrura– e sempre vestixio e pegada do habitado. Acaso presente eterno das emocións que importan e dos versos que fixeron ceos novos... Incluso cando non sexa preciso amor, serás imprescindible...

De incoherencias e impactos

Te puede interesar