Dos tempos diferentes

 

Circula o novo ano con velocidade de cruceiro. As veces, un ten a sensación de que o tempo chega por sorpresa, e sempre nos colle a traizón. Aínda estamos enfrascados na constatación de que Artur Mas, asinara definitivamente a súa levedade política –era a historia anunciada dun político fracasado–cando seguen as desercións e as declaracións de rexeitamento total á aplicación das vías unilaterais no novo tempo da política catalá.
Sorprende, por que son aqueles mesmos que antes puxeron en risco o Estado, sen medir as consecuencias e facendo caso omiso das múltiples advertencias que se lles enviaron por activa e por pasiva. Ou antes eran cordeiros con pel de lobo, ou son agora lobos vestidos de cordeiros. Explicacións? Pois sobrevivir, saír do cárcere ou volver a ter oportunidade de xogar á historia inventada... Quen sabe! Dende logo, aquilo do lobito bo, eu xa non mo creo.
Mentres isto sucede e ocupa titulares, en Galicia semella que non pasara nada. Acabamos de coñecer o dato de que empezamos o novo ano sendo 10.186 galeg@s menos. Nada menos que 275 concellos perderon poboación. E súmanse ás perdas demográficas de anos anteriores. Pero non pasa nada. Nacen moitos menos meniños, recibimos moitos menos inmigrantes e incrementamos o número de xóvenes que marchan de Galicia cara outros destinos da UE. Pero non pasa nada. É sabido, como vivimos no mellor dos mundos posibles, aínda que sexamos menos, non lle poremos solución. Aplicaremos aquilo do Deus proverá, e o de se chove deixa chovere. Agardaremos. Coma sempre.
Es o máis amplo abano de habilidades, destrezas e tenruras –díxolle El– que coñecín nunca. Tes tanta altura, perfección e beleza que, necesariamente, tiveches que chegar dende o espazo exterior...

 

Dos tempos diferentes

Te puede interesar