Miércoles 21.11.2018

Dos soles de setembro

os setembros de Galicia deberan de estar protexidos cunha Denominación

os setembros de Galicia deberan de estar protexidos cunha Denominación de Orixe, coma teñen os bos viños das nosas rexións vitivinícolas. Ou polo menos unha distinción destacada coma Produto Galego de Calidade. E que asombran os solpores destas tardes fermosas de setembro, con recendos doces que anuncian vendimas, compotas e marmelos. Cores de intensos vermellos e laranxas derramándose suavemente sobre a lámina de auga, nuns xogos de reflexos de amplo espectro, que converten a liña do horizonte nun puro espectáculo. 
Setembro agocha sorpresas gratas que acenden os sentidos, e manexa con habilidade os tempos de transición cos outonos. As praias máis baleiras e as prazas e rúas menos ateigadas permiten que poidamos disfrutar de máis por menos. Nos xa o sabiamos. Galicia e @s [email protected] valemos moito. Pero tamén é sabido que moitas veces o esencial é invisible aos ollos, e a aprendizaxe por descubrimento ten os seus propios ritmos, que non soen ser precisamente de velocidade alta. Superar clichés, estereotipos e snobismos custa o seu. 
Pero os tempos son chegados e sucedeu, neste verán, que o incremento do turismo nas nosas praias e nas nosas cidades, foi notorio e evidente. Galicia está de moda. A posta en valor do noso patrimonio, da nosa cultura, no literario, na música ou nas creacións audiovisuais, é un feito contrastado e que vai en aumento. E non só no número de premios e distincións, senón incluso na elección das nosas paisaxes coma escenarios das rodaxes máis diversas. Certo é que hai moitos mundos, pero todos están neste, na nosa Galicia ancestral e máxica.
Abrázame con forza –díxolle El–  que o tempo vai moi rápido e teño vértigo... temo abrir os ollos e descubrir que todo ofora un soño ou nostalxia elemental do que xa non existe...

Dos soles de setembro
Comentarios