Dos espazos

Somos consecuencia dos nosos espazos atlánticos, que, como saben, condicionan, contaxian e marcan a lume maneiras de ollar e comprender a realidade e o mundo. Vivimos en espazos marcados pola varita máxica da beleza, a estética e a ocupación continuada do territorio ao longo de milenios por moi diversas culturas. 
Pero ata nos espazos, de moi diversa estrutura e condición, cada día teñen o seu afán, algo do que xa nos convenceran os nosos avós dende a nosa máis tenra infancia. Convén aclarar que, sen embargo, o gusto polos solpores de cores violentos e cálidos foi un desenrolo persoal que medrou co tempo o coñecemento e os afectos. É sabido que compartir a observación e o desfrute das cousas fermosas fai incrementar exponencialmente a beleza do lugar ou do instante. 
Hai espazos protexidos e espazos de todxs. Non é ningún segredo que hai espazos preferidos e sentidos porque gardan memoria do que fomos. Tamén podemos recoñecer que conservamos incólumes os marcos transitorios e fugaces, nos que fomos felices. É sabido que non foi feita a luz para agochala debaixo dun celemín, senón para enchelo todo de sentido. E sabemos tamén, que sempre  hai quen usa  espazos de todxs para practicar o xogo do gato e o rato. Apostando pola sinrazón do fomento de opostos. 
O curioso é que ninguén gaña e todxs perden. Non está o sentido común para malgastalo no uso indebido do xogo de quita e pon de lazos nos espazos institucionais e compartidos. Todos coñecemos a lei. O resto é publicidade e propaganda.
Construímos fogueiras propias para os nosos invernos –dixo El– e enchemos a complicidade con árbores, fragmentos de antigas rochas e viaxes de amencer con farolas durmidas... Compartimos vivir sen manual de instruccións... amarse sen planificación, nin preaviso...

 

Dos espazos

Te puede interesar