De presentes e futuros

Aínda non fai unha semana e sen embargo, semella que pasaran xa varios meses da contenda electoral. Un renacido Pedro Sánchez conquista o poder, protexido e amparado polo apoio das bases socialistas, que fartos de baróns e baronesas, fixeron o que o corazón lles ditaba. 

E concitando amplamente o apoio do voto útil da cidadanía para frear ás diversas dereitas. Non foi unha sorpresa, pero confirmou que Tezanos e o CIS nin manipularon nin mentiron. De feito foron case agoireiros exactos do que ía pasar. Cando as cousas pintan mal, hai un tipo de persoas que prefiren buscar culpables fóra da súa área de xestión e responsabilidade. Así como na esquerda hai  unha introspección esaxerada, un extremo exame de conciencia, na dereita sempre é algo que non vai con eles. Non fan unha reflexión honesta, sen facerse trampas ao solitario, nin teñen despois unha autocrítica acorde co sucedido. Agora Casado xa lle bota as culpas a Rajoy. Tamén llas botara antes a Vox e a Rivera. Non foi unha campaña normal. O exceso de testosterona, dramatización e efectismos, acompañado de insultos, tensións e radicalidade, foron elementos que xogaron en contra dos populares. Unha mala planificación da campaña, empeñada en facernos ver que non eran tan de centro coma parecían, e querendo gañar a Vox pola dereita, trouxo estes lodos, nos que os populares están e estarán encallados moito tempo. Foi un rotundo fracaso. Pero é de sabios aprender e corrixir. Deberan de saber que o futuro está xa chamando á porta.

Non hai versos nin paisaxes máis fermosas ca ti –díxolle El– non hai harmonías maiores que aquelas que conteñen a maxia dos teus ollos, ou o brillo de cristal do teu sorriso...Incluso respirar non é o mesmo sen ti...

De presentes e futuros

Te puede interesar