De egos e outros encaixes

Finalmente chegou o primeiro Goberno de Coalición. Tardou demais pola bisoñez dos dirixentes políticos da oposición, que nunca souberon mirar máis alá da punta dos seus zapatos. Nin souberon ler os resultados electoriais, en clave do posicionamento ideolóxico da sociedade española. 

Xogaron aos trampantollos e a competir con Vox no espazo da boutade, o exceso e o insulto. Perderon o tempo e  a oportunidade. Gañou con claridade a esquerda. Mentres,  a dereita perde as formas, os debates e os modais. 

Ademais de compartir todos eles o mesmo común denominador, o de non ter gañado o apoio maioritario da cidadanía, tamén evidenciaron non saber gobernar a súa embarcación, para gañar posición de vantaxe, en tempos de rios revoltos e néboas mestas. 

Por iso o goteo de apoios de grupos minoritarios, teceu unha rede que garante a creación dun goberno progresista. Pedro Sánchez demostra estar feito da pasta dos loitadores, ter carné de supervivente e saber resistir a pé firme. Tamén a inexperencia de Unidas Podemos en lides de goberno, fixo que a ansiedade puidera  con eles e iso explica a urxencia en  anunciar ministros e conceder entrevistas falando dun goberno, que aínda non existe. 

Claro que hai egos, hiperliderados e intentos de ocupar máis espazos. Víase vir. Pero todo proceso implica cambios, e precisan encaixar e pulir arestas para que non haxa friccións. Ter claro que Presidente só hai un, e que o goberno obedece a unha única dinámica compartida, axuda a evitar  conflitos. Empezamos. A esperanza está nas palabras de Adriana Lastra: pertenzo a un partido centenario que teceu co fío da liberdade a historia de España...

Sentirte sempre será presente –dixo El– recoller en caixas de cartón a febre construída, non impide os invernos. Vivir é definir arquivos de nostalxias e ir gardando afectos infestados de emoción, de paixón e de ferida...

De egos e outros encaixes

Te puede interesar