De cambios e estratexias

Se acordamos que ten sentido pensar que se vemos fume é que hai lume, poderemos tamén concluír que cos primeiros sinais que envía o Goberno de Pedro Sánchez un cambio notable acaba de chegar á política española. Un cambio que empeza na visibilización e non só de xénero, que tamén, senón da declaración de intencións que, apoiadas nestas brillantes traxectorias profesionais, está poñendo enriba da mesa. 
Son persoas que son moito máis que políticos. Chegan dende mundos competitivos e aportan capacidade e experiencia. Por vez primeira un presidente non precisa de intérprete nas reunións con mandatarios internacionais. Pero non será doado. Sobre todo pola colección de agraviados que empezan a procesionar nos medios de comunicación. Empeza un tempo complexo, un camiño fondo, como aquel que poetizara don Ramón Cabanillas, onde se a política é a arte do posible aquí haberá que facer encaixes de bolillos as 24 horas do día. 
Pero dialogar e tender pontes é propio dos que hoxe ocupan o Goberno. E empezan as primeiras andanadas. Dende o minuto cero tiran a dar. O PP porque quedou tan en evidencia que intenta tapar con ruído as súas vergoñas. Cidadáns porque saben que se lles pasou o arroz de tanto éxito. E perderon a oportunidade. Hai quen confunde diálogo con cesión e considera que escoitar a alguén con propostas diferentes é unha rendición e un síntoma de debilidade. Hai algúns que pensan que ou eles ou o caos. Con Sánchez semella que estamos tod@s máis cerca de que a normalidade faga esquecer definitivamente o excesivo caos vivido. 
Contigo sempre é doado non marcharse dun mesmo –dixo El– e pensarte mentres o mundo vai, ou ven, ou xira... contigo sempre é tempo de memorias felices.

De cambios e estratexias

Te puede interesar