Das novas escalas

asaron as eleccións e a primeira consecuencia é que de repente, hai espazo. E coma se caera un muro ou subiran o telón, e puideramos de novo ver o bosque dende unha perspectiva diferente. Coma se todo quedara sometido a unha nova escala.
A focalización é unha condición sine qua non das campañas electorais. Ou ocupas todo o espazo ou non estás. Desta vez, quedou moi claro que non gañaron todos. A pesar de que non escoitemos as autocríticas necesarias nalgúns partidos, nin a consubstancial e lóxica asunción de responsabilidades, habelas háilas coma sempre dixeran os clásicos.
No interior das salas de máquinas dos partidos, xa engraxan as maquinarias para volver a armar novas maiorías formadas en torno a novos liderados. Lembran os versos de Lorca? Voces de muerte sonaron cerca del Guadalquivir... pois son a banda sonora que acompañan sempre ás reunións das executivas nacionais dos partidos, e moi especialmente tralas derrotas.
Por moito que nas entrevistas anuncien que todo vai ben e que abren un período de reflexión, o certo é que todo dista moito de estar pechado. Especialmente nos casos no que algúns xa son cadáveres políticos, pero seguen sen enterarse. Descoñecen a ecuación fracaso igual a dimisión.
Agora sorprendémonos escoitando frivolidades ante feitos dolorosos e graves como o de Verónica, de personaxes baleiros como Fran Rivera que, sen avergoñarse, fan da simplicidade e a ignorancia a súa bandeira. Volve Trump a asumir o papel de sheriff. Semellan mentalidades e tempos moi superados. E que sen embargo, retornan unha e mil veces.
As estancias delimitan a nostalxia –dixo El– nos arcanos que protexen das ausencias. Sempre serás presente... Non haberá esquecemento onde a ferida insiste na tenrura... Nin haberá nunca número que non deixe, unha constancia doce do teu nome...

Das novas escalas

Te puede interesar