Da pura continuidade

A vida sigue igual. Puidera parecer que moitas cousas teñen cambiado nestes tempos. Pero a realidade insiste en devolvernos a mesma coñecida e repetida imaxe. Berlusconi está xa no Parlamento Europeo. Xa estreou o seu escano e incluso botou un pequeno e confiado sono. Está de volta. E síntese coma na casa. Empezan a celebrarse os Plenos organizativos onde, entre outros repartos competenciais e liberacións, acordan os salarios e tamén as porcentaxe de incremento que lle serán de aplicación. Xa sei que son cousas da ordenanza, pero non deixa de chamar a atención que a primeira medida sexa incrementar soldos; é dicir que volvamos ás eternas preguntas, as de que hai do meu meu e de canto estamos a falar. 

E seguen sen formarse gobernos no Estado e nalgunhas Comunidades Autónomas. Como consecuencia, unha especie de desafección recorre á sociedade española. As preguntas do CIS non sei se son inadecuadas, pero coido que esas enquisas son inoportunas. Agora hai que poñerse a gobernar que a mies é moita. As intencións e as realidades poucas veces coinciden. O prioritario, neste caso, coincide co urxente. Pensar, decidir e acordar son os tres verbos que deberan ter hoxe máis protagonismo. A conformación e a resolución do futuro, dependen da adecuada articulación destes tres termos. Mentres, o Príncipe Charles cumpre 50 anos agardando polo trono. Confirmamos que as cuestións de xénero e as mensaxes vaticanas, nin coinciden nin o intentan. Estamos tremendamente orgullosos da nosa sociedade diversa e aberta. E Borrell, revestido de autoritas, regresa novamente a Europa.  

Vivir é descubrir que nada importa máis que camiñar contigo –díxo El–Sen ti non teñen sentido os calendarios,  as medidas elementais ou as voces de diario...  Non existe efeméride maior que  a de encontrarte... e o incendio intencionado de sentirte...

Da pura continuidade

Te puede interesar