Da necesaria unidade

che ben certo que nunca chove a gusto de todxs. E xa nin sorprende que, ante unha situación de alarma percibida e interiorizada pola sociedade española, os partidos da oposición evidencien no Congreso, con luz e con taquígrafos, unha deslealdade raiana na desconsideración. Cando hai un empeño obstinado nunha idea preconcibida, tramada para conseguir un obxectivo político ao coste que sexa, o que pon de manifesto é que o partidista ponse por riba do interese común. Apoiar acordos e decisións, non é facer seguidismo do Goberno. Nin crer dogmaticamente que todo o que fai o goberno é perfecto e marabilloso. Pero a unidade é a arma das sociedades para saír adiante nas situacións de crise, e intentando deixar ao menor número de persoas atrás. E para iso todxs somos necesarixs. Non é de recibo chegar a un Congreso, baleiro como a situación require, e poñerse a deletrear un caderno de queixas, un recetario de slogans, e unha lista de acusacións, sen propoñer axudar nin arrimar o ombro. Falamos dun partido, o Popular con experiencia de goberno, que estivo ao fronte do pais en numerosas crises, cos resultados que lembramos, e sabe que cando se fala de medidas grandilocuentes, hai que explicar de onde se van a detraer os recursos para levalas adiante. O demais é disparar con pólvora de rei. Sorprende que agora esixan do Público o que non lle recoñecen cando gobernan. Que a economía vai sufrir nesta crise? Evidentemente. E que haberá recesión? Por suposto. Pero o Goberno dixo alto e claro que a saúde está por riba da economía. A sociedade o comparte. Acaso a oposición, pensa outra cousa?
Aprendín a convivir coas emocións en ruínas -dixo El- cos invernos fríos e os paraísos propios e fundidos. Percibín a erosión constante dunha vida de ausencias... Contigo rescatei a emoción primaveral de sentirnos...

Da necesaria unidade

Te puede interesar