Resilientes

Que son máis duras as rochas ou as burocracias? Que se forman antes os minerais ou a conciencia e implicación política e social? Estas son algunhas das cuestións que se poderían facer a un xeólogo idealista que hai xa uns cantos anos iniciaba un complexo proceso para poñer en valor o excepcional patrimonio xeolóxico no que se asentan as nosas comarcas. A súa paixón, devoción e empeño nesa causa abordada dunha forma amena, divertida e didáctica convirteuno nun catalizador de sinerxias capaz de aunar e sumar esforzos de diferentes administracións públicas e da sociedade civil para o impulso da creación do xeoparque do Cabo Ortegal e a súa candidatura ante a Unesco.
Francisco Canosa, ao igual que Inés Fernández e as súas fillas Irene e Cristina, Álvaro Illobre e a Asociación Mares de Cedeira, son merecentes do noso respecto e admiración polas súas loitas que rebundan na sociedade.

Resilientes

Te puede interesar